Benvidos Ó Rueiro de Vigo.

ATENCIÓN de todo o termo municipal de Vigo.

    Dende esta páxina de presentación queremos explicarvos o funcionamento deste rueiro. É ben sinxelo, pero temos que aclararche que para velo nas mellores condicións precisase unha configuración de pantalla de 800x600 píxeles ou superior. Co navegador Explorer non terás que facer modificación ningunha de tamaño. Con outros navegadores prepara as fiestras (frames ou marcos) ó teu xeito.

    Estas páxinas compóñense de tres fiestras. Se polas características do teu navegador non as ves completas, especialmente a fiestra superior e a lateral, podes modificar a sua grandura co rato.

    Na fiestra superior tes un pequeno menú que che vai permitir moverte polas distintas opcións ou voltar a algunha en concreto unha vez que teñas outros datos en pantalla.

 

Nome a buscar:

  •     En primeiro lugar dispós dunha entrada para que poidas escribir directamente o nome da rúa ou do servicio ou marca que queiras atopar. NON precisas introducir o nome completo, só cunha parte do mesmo buscará na base de datos e amosarache todas as rúas que teñan parte do nome que ti introduciches.

  •     Os nomes e os enderezos están xeralmente en galego por tal de respectar os topónimos. De todos os xeitos podes poñer o nome en castelán e acadarás o mesmo resultado. Por exemplo, se queres localizar todas as prazas que temos en Vigo podes escribir simplemente “plaza” aínda que os datos que obterás na fiestra da esquerda estarán en galego coa palabra “praza”.

  •     Introduce sempre os nomes sen acento. Non é que sexa un erro senón que miramos de facilitar as consultas dende calquera parte do mundo.

 

Planos:

  •     Esta opción presentarache na fiestra dereita (nesta na que estás a ler agora) un plano reducido de todo o termo municipal de Vigo. Se pasas o cursor por enriba del verás que tes a opción de ir ó cadrante que ti escollas nun tamaño máis grande.

  •     Unha vez cun cadrante completo na pantalla se premes outra vez na imaxe poderás ver outra imaxe máis ampliada do cadrante seleccionado. Máis abaixo aparecerache unha táboa de 3x3 para que te poidas desplazar rápidamente ós cadrantes veciños. Se premes no cadrante reducido actual apareceranche na fiestra esquerda da pantalla as rúas, servicios ou enderezos que teñamos asociadas ó devandito cadrante.

    E por último lembrar que a Base de Datos está introducida de xeito totalmente manual dende o plano orixinal, polo tanto se atopas algún erro ou tes algunha suxerencia que facer non dubides en poñerte en contacto connosco en correio@salman.net.

    Se coñeces ben algún cadrante, sexa porque vivas nel ou por calquera outra causa e atopas datos erróneos ou que falta algo, agradeceríamosche que nolo comuniques. Todos xuntos podemos facer que este rueiro sexa útil non só para a xente que non coñeza Vigo, senón que poida mesmo ser unha ferramenta para moitos Vigueses.

    Graciñas pola túa participación e desexo que este novo servicio posto de balde por nos sexa de utilidade dentro deste mundo noso sen barreiras: Internet.

Traducción desinteresada ó galego por Adolfo Carbón, ( Un Vigues en Cataluña).

  • rotacion_00
  • rotacion_02
  • rotacion_03
  • rotacion_04
  • rotacion_05
  • rotacion_06
  • rotacion_07